Forzas Armadas de Portugal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Forzas armadas de Portugal")
Forzas Armadas Portuguesas
Forças Armadas Portuguesas
Military flag of Portugal.svg
Bandeira militar de Portugal
Corpos Military flag of Portugal.svg Exército de Terra

Naval Jack of Portugal.svg Armada
Roundel of Portugal.svg Exército do Aire

Mandos
Comandante xefe Marcelo Rebelo de Sousa
Ministro de Defensa José Pedro Aguiar-Branco
Xefe do Estado Maior da Defensa Luís Vasco Valença Pinto
Persoal
Idade militar 18 anos (servizo voluntario)
Persoal activo 35.900 (2010)
Gastos
 % PIB 2,3 %

As Forzas Armadas Portuguesas (Forças Armadas Portuguesas), divídense en tres ramas:

Durante o século XX, Portugal participou en dúas grandes intervencións militares: a Primeira Guerra Mundial e as Guerras Coloniais en África (1961-1974). Cunha participación máis moderada na guerra civil española e unha intervención case pacífica na revolución dos caraveis.

Hoxe en día, participa en misións de paz da ONU, por exemplo, no Sáhara Occidental, en Kosovo e Timor Leste.

En 2003 Portugal aboliu o servizo militar obrigatorio.

As Forzas Armadas Portuguesas dependen do Ministerio da Defensa Nacional e son coordenadas polo Estado Maior Xeral das Forzas Armadas.