Forcado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O termo forcado pode designar diversos apeiros agrícolas:

  • Forcado, apeiro agrícola formado por un mango rematado en tres ou máis gallas, para apañar herba, palla, esterco etc.
  • Forcado, peza par do arado a ámbolos lados do rostro, para anchear o suco. Adoita denominarse abeaca.
  • Forcado, peza do carro, no nacemento da cabezalla, rematado en 2-3 gallas, que serve para evitar que a carga caia sobre a xugada.
  • Forcado, útil de cociña en forma de pau pequeno, tamén rematado en 2-3 gallas, para calcar a verdura ou os roxóns que ferven na pota.