For Your Love

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

For Your Love
Álbum de The Yardbirds
Publicado13 de xuño de 1965
Gravaciónmarzo de 1964 - abril de 1965
Duración31:04
Xénero(s)blues rock, rhythm and blues
Selo(s)Epic Records

For Your Love é o primeiro álbum estadounidense da banda inglesa de blues rock The Yardbirds, publicado o 13 de xuño de 1965 a través do selo Epic Records. O disco acadou o número 96 la lista de álbums da Billboard.

For Your Love ten tres cancións da primeira sesión de gravación de Jeff Beck con The Yardbirds: "I'm Not Talking", "I Ain't Done Wrong" e "My Girl Sloopy" (posteriormente sería eitadas no Reino Unido no EP Five Yardbirds). Eric Clapton foi o guitarrista nas restantes cancións, entre as que estaban os tres sinxelos da banda (coas caras-b) editados ata o momento e dúas demos que non serían publicadas no Reino Unido ata os anos 80. Clapton, que deixara o grupo catro mese antes, non aparece na portada nin é mencionado no libreto.

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

Álbum orixinal[editar | editar a fonte]

Cara 1
N.º TítuloEscritor(es) Duración
1. "For Your Love"  Graham Gouldman 2:31
2. "I'm Not Talking"  Mose Allison 2:33
3. "Putty in Your Hands"  John Patton, Kay Rogers 2:18
4. "I Ain't Got You"  Calvin Carter 2:00
5. "Got to Hurry"  Oscar Rasputin a.k.a. Giorgio Gomelsky (composición de grupo) 2:33
6. "I Ain't Done Wrong"  Keith Relf 3:39
Cara 2
N.º TítuloEscritor(es) Duración
1. "I Wish You Would"  Billy Boy Arnold 2:19
2. "A Certain Girl"  Naomi Neville a.k.a. Allen Toussaint 2:18
3. "Sweet Music (stereo)"  Walter Bowie, Otis Leavill Cobb, Major Lance 2:30
4. "Good Morning Little Schoolgirl"  H.G. Demarais 2:46
5. "My Girl Sloopy"  Wes Farrell, Bert Russell 5:38

Reedicións[editar | editar a fonte]

O álbum recompilatorio do 2001 Ultimate! contén 8 dos 11 temas do disco orixinal. For Your Love ten sido reeditado a través de varios selos, como JVC, Castle e Repertoire.

Material adicional da reedición de Repertoire
N.º TítuloEscritor(es) Duración
1. "Baby, What's Wrong" (demo)Elmore James 2:38
2. "Boom, Boom" (demo)John Lee Hooker 2:25
3. "Honey In Your Hips" (demo)Keith Relf 2:19
4. "Talkin' 'Bout You" (demo)Chuck Berry 1:56
5. "I Wish You Would" (demo)Billy Boy Arnold 4:17
6. "A Certain Girl" (demo)Naomi Neville a.k.a. Allen Toussaint 2:21
7. "Got to Hurry" (toma 4)Oscar Rasputin a.k.a. Giorgio Gomelsky (composición de grupo) 2:35
8. "Sweet Music" (toma 4)Walter Bowie, Otis Leavill Cobb, Major Lance 2:28
9. "Heart Full Of Soul" (demo, versión con sitar)Graham Gouldman 1:54
10. "Steeled Blues"  Jeff Beck 2:38
11. "Paff Bumm" (edición alemá)Reverbel, Bardotti, Paul Samwell-Smith 2:27
12. "Questa Volta"  Satti, Dimano, Mago 2:33
13. "Paff Bum" (edición italiana)Reverbel, Bardotti, Paul Samwell-Smith 2:36