Fontanosas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Fontanosas é unha pequena vila de Cidade Real en Castela-A Mancha. En 1849 a aldea foi dividida en dúas partes, unha pertencente ao termo municipal de Almodóvar, e a outra ao de Abenójar.

É coñecida polas súas innumerables correntes de auga (Fresnedillas, Quejigares, ...), que moveron muíños ata fai ben pouco, e polos seus afloramentos de granito que era traballado primorosamente polos canteiros locais. Respecto da súa contorna natural, hai que mencionar a Praza dos Mouros, Cova do Peñon, ...

Esta aldea ten 121 habitantes, e celebra festas en honra da súa patroa a Virxe do Bo Suceso (10 de agosto), e da Natividade da Virxe (8 de setembro).