Fonación
Aparencia
A fonación é o traballo muscular realizado para emitir sons intelixíbeis, é dicir, para que exista a comunicación oral. O obxectivo último da fonación é a articulación de palabras, a través do proceso polo cal se modifica a corrente de ar procedente dos pulmóns e a larinxe nas cavidades supraglóticas como consecuencia dos cambios de volume e da forma destas cavidades.
O conxunto das cavidades supraglóticas pode dividirse en tres partes: a farinxe, a cavidade bucal e a cavidade nasal.
O sistema fonatorio vencéllase con outros sistemas. A interacción destes é parte activa na función fonatoria, que se regula polo sistema nervioso central e periférico.
Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
|