Fomento de Construcciones y Contratas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
FCC
Logotipo de FCC.png
Oficinas de FCC en Las Tablas (Madrid) 01.jpg
Oficinas de FCC en Madrid.
TipoSociedade Anónima
Fundación1990
LocalizaciónC/ Balmes, 36, 08007 - Barcelona España España
Persoas claveEsther Alcocer Koplowitz (presidenta)
IndustriaObra civil
Beneficio6 334,1 millóns de euros (2014)
Número de empregados92 290 (2010)
Páxina webfcc.es

Fomento de Construciones y Contratas, S.A. (FCC) é un grupo empresarial español con sede en Barcelona, especializado en servizos cidadáns, que nace en marzo de 1992, froito da fusión das empresas: Construciones y Contratas, fundada en Madrid en 1944, e Fomento de Obras y Construciones, creada en Barcelona no ano 1900, cuxas accións empezaron a cotizar en Bolsa en decembro de 1900.

FCC é a matriz dun dos maiores grupos europeos de infraestrutura e servizos públicos, tanto por volume de cifra de negocios, como por rendibilidade.[1] Aínda que era inicialmente unha empresa de construción, en 1911 iniciou a súa actividade no campo dos servizos públicos cun contrato de limpeza e mantemento da rede de rede de sumidoiros de Barcelona.

As súas actividades básicas son a xestión de servizos ambientais e auga, a construción de grandes infraestruturas, a produción de cemento, equipamentos urbanos e a xeración de enerxías renovables.

Ten presenza en 34 países de todo o mundo e máis do 44% da súa facturación provén dos mercados internacionais, principalmente Europa e Estados Unidos.[2] En xuño de 2013 adxudicóuselles un contrato para construír o Metro de Riad.[3]

En outubro de 2013, Bill Gates entrou na compañía como accionista de referencia cun 5,7% debido ao posicionamento de FCC en sectores ligados ás súas visións de sustentabilidade (Servizos Ambientais e Auga).[4] Pouco despois, en decembro dese mesmo ano, o financeiro George Soros entrou no accionariado da compañía cun 3%.[5] En decembro de 2014, FCC realizou unha ampliación de capital por importe de 1.000 millóns de euros , o que permitiu a incorporación do empresario Carlos Slim como accionista cun 25,6%.[6][7]

FCC foi asociada a dous pagos ao Partido Popular en 2008 que ascenden a 165.000 euros, ano en que era o terceiro maior contratista de obras públicas de España e un dos seus dirixentes era José María Mayor Oreja, irmán do destacado dirixente do Partido Popular Jaime Mayor Oreja.[8]

Accionariado[editar | editar a fonte]

Accionista [9] Dereitos de voto
Control Empresarial de Capitales, S.A. de C.V. 25,6%
Dominum Dirección y Gestión, S.A. 22,4%
Capital Flotante

(Accionistas relevantes: William H. Gates)

52%

(5,7%)

Filiais[editar | editar a fonte]

Empresa Participación
Cementos Portland Valderrivas 77,9%

Participacións[editar | editar a fonte]

Empresa Participación
Realia 36,96%
Globalvía Infraestruturas 50%

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "FCC". Consultado o 23 de xullo de 2014. [Ligazón morta]
  2. "FCC". 
  3. Romero, A. (29 de xullo de 2013). "FCC logra un contrato para construir el metro de Riad por unos 6.000 millones". El País. 
  4. "FCC". Consultado o 21 de outubro de 2013. 
  5. "La Vanguardia". Consultado o 26 de decembro de 2013. 
  6. "FCC". Consultado o 18 de decembro de 2014. 
  7. "FCC". Consultado o 14 de xaneiro de 2015. 
  8. Carreño, Belén; Requena Aguilar, Ana (2 de febrero de 2013).
  9. Segundo última data de comunicación á CNMV.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]