Fodechincho

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Peregrinos chegando a Santiago.

Fodechincho é un termo despectivo empregado en Galiza para referirse aos turistas españois, en especial aqueles que nin respectan nin se adaptan aos costumes locais.

Orixe[editar | editar a fonte]

A teoría máis estendida sobre a denominación sitúa o seu nacemento nas Rías Baixas na década de 1970, e está relacionada cos chinchos[1], xurelos de pequeno tamaño desprezados polos pescadores que eran consumidos (fodidos) polos turistas de interior.[2] O aumento do turismo,[3] e as consecuentes molestias orixinadas, amplificou o uso do termo, pasando a definir todo veraneante, en especial os procedentes da meseta madrileña, que causan molestias pola súa ignorancia[4][5] ou prepotencia.[6][7][8] Neste sentido destaca a personaxe paródica do "Turista madrileño",[9] interpretada por Evaristo Calvo no programa da TVG Air Galicia.[10][11][12]

Na provincia de Ourense tamén se emprega o termo escallá, referido á xente que ao ir ao rural fai comparacións co lugar de orixe dicindo "Es que allá...".[13] No interior, en zonas como no Incio-Sarria, reciben o nome de roncos do xamón (porque acaban con el).[14][15]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para chincho.
  2. García Portela, Jose Luís (07/08/2022). "El origen de Fodechinchos y la rapeta". Carriola de Marín (en castelán). Consultado o 19/02/2023. 
  3. "Galicia superou en xullo o seu máximo histórico de turistas neste mes e apunta a un ano de récord". Praza Pública. 2022-08-24. Consultado o 2023-02-19. 
  4. "Otra historia de 'fodechinchos' en Panxón: expectación ante un coche que se lo lleva la marea". Atlántico (en castelán). 2022-06-18. Consultado o 2023-02-19. 
  5. "Fodechinchos en la niebla". Land Rober Tunai Show. Consultado o 2023-02-19. 
  6. Ferreiro, Xacobe (2022-07-16). "Por que non lle gustan aos ‘fodechinchos’ os museos galegos?". Nós Diario. Consultado o 2023-02-19. 
  7. Currás, Víctor P. (2022-05-12). "Enfrentamiento entre turistas y el gallego en las cartas: "¿La ensaladilla es una ensalada pequeña?"". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2023-02-19. 
  8. "A semana em chios: ‘fodechinchos’ e retranca". Galiza Livre. 2022-08-22. Consultado o 2023-02-19. 
  9. "Vieiros: Galiza Hoxe - O "turista madrileño" salta da televisión aos escenarios". www.vieiros.com. Consultado o 2023-02-19. 
  10. Air Galicia (TVG). Turista madrileño cabreado por el gallego (Youtube). 
  11. Air Galicia (TVG). Turista madrileño nunha mariscada en Galicia (Youtube). 
  12. Air Galicia (TVG). Turismo de aventura (Youtube). 
  13. María Cobas (20 de abril de 2020). "Quita de aí eses fumes". La Voz de Galicia. 
  14. Manuel Pereiro, Xosé (13 de agosto de 2019). "Hoxe dixéronme unha nova forma de denominar os fodechinchos". Twitter. 
  15. "Conversa con Televejo da Galiza". A Lobeira Today no YouTube. 5 de xuño de 2023. 1:22:28. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]