"Fly" é unha canción que dá nome a un sinxelo de Blind Guardian correspondente ó álbum A Twist in the Myth lanzado en febreiro de 2006. O segundo tema é unha versión acústica só dispoñible no sinxelo, e o terceiro é unha reedición do tema "In-A-Gadda-Da-Vida" de Iron Butterfly que tamén só está dispoñible no sinxelo.
O vocalista Hansi Kürsch ten dito que namentres que "Fly" é un título sorprendente para unha canción de Blind Guardian, encaixa moi ben coas letras. Tamén engade Esta canción versa sobor das inspiracións, e como elas poden influenciar o teu arte, a túa vida e as vidas doutra xente. Eu mesmo fun inspirado pola película Finding Neverland cando facía os textos.