Florión Cenôwa
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de maio de 1817 Sławoszyno, Polonia (en) |
Morte | 26 de marzo de 1881 (63 anos) Bukowiec, Polonia (en) |
Lugar de sepultura | Przysiersk (en) |
Actividade | |
Ocupación | escritor, lingüista, político |
Pseudónimo literario | Wójkasen |
Descrito pola fonte | Obálky knih, Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Polish Biographical Dictionary (en) |
Florión Cenôwa, nado o 4 de maio de 1817 en Sławoszynie e finado o 26 de marzo de 1881 en Bukowcu, foi un escritor, editor e lingüista caxubio. Creador da primeira ortografía e das primeiras obras literarias caxubias.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Mocidade
[editar | editar a fonte]Fillo dunha familia labrega, foi á escola na súa aldea natal e máis tarde no instituto católico de Chojnice. Comezou os estudos de filosofía na Universidade de Wroclaw pero acabou pasando para a facultade de medicina. Alí entrou na Sociedade Literaria Eslava, presidida polo doutor Jan Evangelista Purkyně, e en 1843 publicou o seu primeiro artigo,Die Germanisirung der Kaschuben e na revista Jutrzenka. Przegląd słowiański a primeira obra literaria en caxubio, Wiléjá Noweho Roku i Szczōdráki[1]
A finais de ano ingresou na Universidade de Königsberg, realizando alí tamén o servizo militar.
Período revolucionario
[editar | editar a fonte]En Koenigsberg entrou en contacto con grupos patrióticos polacos, interrogado a inicios de 1846 as autoridades prohibíronlle saír da cidade, aínda que rompeu a prohibición e marchou a Klonówka para preparar o ataque as instalacións militares prusianas locais e que ía ser parte da sublevación do xeneral Ludwik Mierosławski. O ataque estaba previsto para a noite do 21 ao 22 de febreiro de 1846 pero non se realizou xa que as autoridades souberon do ataque e organizaron a defensa. O 6 de marzo 1846 prendérono na estrada de Sianowa a Staniszewa[1]
Estivo nas prisións de Starogard e Grudziądz ata novembro de 1846 cando o trasladaron á prisión de Moabit, preto de Berlín. Condenado a morte por decapitación o 17 de novembro de 1847 , xunto con 7 outras persoas, conmutáronlla o 6 de marzo de 1848 pola de cadea perpetua, mais como resultado da Revolución de marzo logrou a liberdade o 20 de marzo de 1848[3].
Estudo da lingua caxubia
[editar | editar a fonte]Xa mentres era un prisioneiro, en 1848, mantivo correspondencia coa Sociedade de Historia e Antigüidades Pomerania (Gesellschaft für Pommersche Geschichte und Alterthumskunde) en Szczecin, enviándolle información sobre os caxubios e a súa lingua, e o diálogo literario Krotochwilno rozmòwa Pòlocha z Kaszebą. Esta colaboración deulle inspiración para facer varias traducións, empezar a traballar nun dicionario caxubio-alemán e para reunir material e información etnográfica.[2]
Estableceuse en Konigsberg, e máis tarde foi médico na casa dun aristócrata polaco pero por mor de disputas profesionais prohibíronlle practicar a medicina[3]
O 7 de marzo de 1850 publicou na revista Szkoła Narodowa o artigo Kaszebji do Pólochov, asinando con pseudónimo Wójkasin, e no seguinte número apareceu Wó narodowosce a wó mówie. No mesmo ano publicou, á súa custa, catro libros en caxubio, consideradas o inicio da literatura caxubia: Xążeczka dlo Kaszebov, Kile słov wó Kaszebach e jich zemi, Rozmova Pólocha s Kaszebą e Trze rosprave.
Os traballos de Cenôwa interesaron en particular na Academia Imperial de Ciencias de San Petersburgo, e un dos seus máis recoñecidos membros Izmail Sreznevsky utilizou exemplos da lingua caxubia, enviados por Cenôwa, nos seus textos e foise convertendo nun recoñecido experto da súa lingua na comunidade cientítica eslavística e Cenôwa aceptou o paneslavismo ruso como medio para loitar contra a xermanización, e realizou varias viaxes a Rusia. En 1861 publicou un catecismo luterano e o ano seguinte un libro con consellos médicos. Editou e escribiu o anuario "Skôrb Kaszébsko-słovjnskjè mòvé", que apareceu nos anos 1866 e 1868 en Świeciu, e o terceiro número en 1879 en Poznan. Nese ano tamén publicou a gramática Zarés do grammatiki kašébsko-slovjnskje mòvé. En 1867 parcipou no Congreso Eslavo de Moscova, onde non participaron polacos pola súa oposición ao paneslavismo promovido polos rusos, aínda que por esa época xa non concordaba coa visión oficial do paneslavismo ruso. Así e todo os intentos de crear unha lingua literaria caxubia levaron a acusasións de separatismo entre os polacos.
Obras
[editar | editar a fonte]- Wiléjá Noveho Roku, Jutrzenka. Przegląd słowiański, 1843
- Szczōdráki, Jutrzenka. Przegląd słowiański, 1843
- Die Germanisierung der Kaschuben, Jahrbücher für slawische Literatur, Kunst und Wissenschaft. I. Jahrg. 1843[1]
- Kaszebji do Pólochov. Njech mdze póchvoloni Jezus Christus,Szkoła Narodowa, nr 1-11 1850
- Kile słov wó Kaszebach e jich zemi przez Wójkasena. Tudzież rzecz o języku kaszubskim ze zdania sprawy Prajsa. , 1850
- Trze rosprave: przez Stanjisława ; wóros Kile słóv wó Kaszebach e jich zemji przez Wójkasena, Kraków: Nak. Ksi. i Czcion. pod Sową, 1850 [2]
- Xążeczka dlo Kaszebov przez Wojkasena, 1850 [3] Arquivado 11 de agosto de 2014 en Wayback Machine.
- Mały zbiór wyrazów kaszubskich, mających większe podobieństwo z językiem rosyjskim aniżeli polskim, 1850
- Rozmowa Pôlocha z Kaszebą, 1850 ] [4] Arquivado 29 de maio de 2020 en Wayback Machine.
- Trze rozprave przez Stanjisława, wóras Kile słov wó Kaszebach e jich zemji przez Wojkasena, 1851 Krakòwò
- Pjnc głovnech wóddzałov evangjelickjeho katechizmu z njemjeckjeho na kaśebsko-słovjenskj jęzek przełożeł Wójkasin ze Sławóšena [pseud.] ... V dodatku: Spóvjedz e nobóżenstwo codzenne. V Svjecu, 1861 [5].
- Dorade lekarzkje v rożnech chórobach, Swiece, 1862
- Sto frantóvek z południovéj częścj Pomorza Kaszubskjego, osoblivje s zemj Śveckjej, Krajni, Koczevja i Boróv. S dodatkjem trzech prosb na vesele, Swiecie 1865 [6]
- Skôrb kaszébskosłovjnskjé mové, 1866-1868[7] Arquivado 29 de maio de 2020 en Wayback Machine.Swiece, 1879 1 - 13 numerów pierszegò kaszëbsczegò pismiona
- Sbjór pjesnj svjatovich, które naród słovjanjskj v krolestvje pruskjm spjevacj lubj, v Gdanjsku 1868 [8]
- Zarés do grammatikj kasebsko-slovjnskjé mòvé, 1879 Pòznóń[9]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Janina Borchmann, Bartłomiej Wiszowaty: AL-manach Biblioteki Publicznej Gminy Wejherowo im. Aleksandra Labudy w Bolszewie. Bolszewo: Maszoperia Literacka, 2011
- ↑ Janina Borchmann, Bartłomiej Wiszowaty: AL-manach Biblioteki Publicznej.... s. 36.
- ↑ G. Stone (2015) Slav Outposts in Central European History: The Wends, Sorbs and Kashubs London: Bloomsbury