Floor Is Lava

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Floor Is Lava é un programa de televisión estadounidense de 2020 presentado por Rutledge Wood.[1] O programa, con formato de concurso, estreouse en Netflix o 19 de xuño de 2020.[2] A súa dinámica está baseada no xogo de nenos "o chan é lava", segundo o cal os concursantes deben atravesar unha sala chea de obstáculos e obxectos cuxo chan está cuberto por un líquido vermello que simula lava quente.[3] Os gañadores conseguen 10 000 dólares e unha lámpada de lava como trofeo.[3]

Estrea[editar | editar a fonte]

Floor Is Lava estreouse o 19 de xuño de 2020 a través de Netflix.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "How Floor Is Lava became Netflix's weapon in the new arms race of ridiculous game shows". Fast Company. Consultado o 19 de xuño de 2020. 
  2. Foreman, Alison. "Netflix's 'Floor Is Lava' is super dumb and fun. Don't overthink it.". Mashable. Consultado o 19 de xuño de 2020. 
  3. 3,0 3,1 Heritage, Stuart (24 de xuño de 2020). The Guardian, ed. "Netflix's Floor Is Lava: the show to save the summer?" (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 2 de xullo de 2020. 
  4. "Is 'Floor is Lava' on Netflix Stupidly Insane or Insanely Perfect?". Decider. 19 de xuño de 2020. Consultado o 19 de xuño de 2020.