Fist of Fury

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fist of Fury
Ficha técnica
Título orixinal 精武門
Director Lo Wei
Produtor Raymond Chow
Guión Lo Wei
Intérpretes Bruce Lee
Nora Miao
Música Joseph Koo
Fotografía Chan Ching-kui
Montaxe Peter Cheung
Distribuidora Golden Harvest
National General Pictures
Ano 1972
Duración 108 minutos
País Flag of Hong Kong.svg Hong Kong
Xénero Artes marciais
Filme seguinte New Fist of Fury

Fist of Fury (en mandarín Jīng Wǔ Mén, e en cantonés Zing Mou Mun 精武門) é un filme producido en Hong Kong dirixido por Lo Wei, que foi estreado en 1972.

Argumento[editar | editar a fonte]

No Shanghai de 1908, Chen Zhen (Bruce Lee) é un estudante de artes marciais que, ó regresar á súa escola, descobre que o seu mestre finou. Trala insultante visita durante o funeral dos representantes dunha escola xaponesa de artes marciais, na cal son chamados “enfermos de Asia”, Chen failles unha visita á súa escola para facerlles tragar as súas verbas. Sentíndose aldraxados polos chineses, os xaponeses desatan unha espiral de violencia contra os chineses durante a cal descóbrese que en realidade o mestre morreu envelenado. Decidido a vingar a súa morte acabando con tódolos responsables, Chen emprende unha cruzada contra a escola xaponesa e o seu aliado ruso Petrov.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Especialistas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]