Saltar ao contido

Fina Cardona

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFina Cardona
Biografía
Nacemento1957 Editar o valor en Wikidata
Valencia, España Editar o valor en Wikidata
Morte2 de febreiro de 2022 Editar o valor en Wikidata (64/65 anos)
Valencia, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Valencia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoetisa, profesor de catalán Editar o valor en Wikidata

BNE: XX877718

Josefina Cardona i Bosch, nada en Valencia en 1957, e finada ibídem2 de febreiro de 2022, foi unha poeta valenciana[1] máis coñecida como Fina Cardona. Malia a súa breve produción poética, é considerada unha das voces máis salientables da lírica feminina en catalán de finais do século XX.[2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou Historia e Xeografía na Universidade de Valencia, onde se licenciou cunha mención en Arte. Pouco despois comezou a dar clases como profesora de catalán nun instituto público.[2]

Cardona irrompe no panorama literario a finais da década dos 70 co poemario Plouen pigues (1978), editado por Edicions 3 i 4 e cun prólogo de Vicent Andrés Estellés. A obra foi finalista nos Premios Octubre.[1] A súa escolma de versos, titulado Pessigolles de palmera (1981), editado por Llibres del Mall e prologado por Maria del Mar Bonet, situouna sendo nova como unha das figures literarias máis prometedoras desa xeración literaria valenciana.[3]

O cantautor Carles Barranco, quen casou con Cardona, musicou o seu poema Miralls.[4]

Ao longo da súa carreira dirixiu e treballou como guionista en programas de TVE, TVV e Ràdio 9.[1] Publicou artigos de opinión en El País e Qué y Dónde, onde asinaba a sección Entrevistas desde el Congo.[3] No momento da súa morte escribía unha columna semanal no xornal dixital Valencia Plaza.[5]

  1. 1,0 1,1 1,2 Culturplaza (ed.). "Fallece Fina Cardona-Bosch". Consultado o 2022-02-02. 
  2. 2,0 2,1 "Cardona Bosch, Fina". 2001. 
  3. 3,0 3,1 Serie Alfa (ed.). "Fina Cardona-Bosch". 
  4. Cervera, Rafa (6 de marzo de 2016). "El nexo entre Pau Riba, Joan Fuster y Willy DeVille se llama Fina Cardona-Bosch". Culturplaza. 
  5. "S’ha mort l'escriptora Fina Cardona". El Temps. 2 de febreiro de 2022. Consultado o 2 de febreiro de 2022.