Saltar ao contido

Edicions Tres i Quatre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 Edicions Tres i Quatre
Logotipo
 Instancia de
Características
 Produto ou servizo
Implicados
 Fundador/a
Datas
 Fundación / creación
1968 Editar o valor en Wikidata
Localización
 País
Códigos e identificadores
VIAF57145541825496601732 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata

Edicions Tres i Quatre é unha editorial valenciana de longa traxectoria. O seu nome ten que ver con tres países e catro barras, en referencia aos Países Cataláns. Hoxe en día é unha das editoriais máis importantes da Comunidade Valenciana, con coleccións de literatura dirixidas a públicos de todas as idades. Convoca cada ano os Premios Octubre.

Historicamente cumprira a función de encher o baleiro editorial na Comunidade Valenciana, no cal, durante unha boa parte do último terzo do século XX, foi case a única editorial que publicaba en catalán. Pero ademais editou tamén autores que dificilmente, polas súas peculiaridades dialectais, serían editados ou lidos en Cataluña, como por exemplo Isa Tròlec, de tal maneira que cubriu un espazo editorial desatendido polas editoriais de Barcelona. Porén, Tres i Quatre editou tamén no seu momento algunhas das figuras literarias máis destacadas das letras valencianas, como Joan Fuster ou Vicent Andrés Estellés. Actualmente forman parte da súa nómina autores valencianos como Toni Cucarella ou Joan Francesc Mira.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]