Felipe de la Gándara
Aparencia
(Redirección desde «Filipe de la Gándara»)
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1596 Allariz (España) |
Morte | 18 de outubro de 1676 (79/80 anos) Madrid (España) |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | sacerdote católico, historiador, xenealoxista |
Orde relixiosa | Orde de Santo Agostiño |
Felipe de la Gándara y Ulloa, tamén coñecido como Felipe da Gándara,[1] nado en Allariz en 1596 e finado en Madrid o 18 de outubro de 1676, foi un humanista galego do século XVII.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Profesou como membro da Orde de Santo Agostiño en Salamanca en 1615, e foi elixido mestre da orde en 1656. A Xunta do Reino de Galiza nomeouno cronista do reino de Galiza. Escribiu diversas obras entre as que destaca Armas y Triunfos. Hechos heroicos de los hijos de Galicia (1662), unha destacada obra xenealóxica en forma de alegación en defensa dos nobres galegos e da súa orixe.
Obra
[editar | editar a fonte]- Armas i triunfos. Hechos heroicos, de los hijos de Galicia. Elogios de su nobleza, i de la maior de España, i Europa. Resumen de los servicios que este Reino á echo á la Magestad del Rei Felipe IV nuestro Señor (1662). Madrid; editado por Pablo de Val. 682 páxinas e 1 lámina (escudo de Alonso de Oca). En 1677, reeditouse, aínda que con 664 páxinas. En 1970 editouse un facsímile dentro da colección Bibliófilos Gallegos, cunha introdución de José Filgueira Valverde.
- Descripción, armas, origen y descendencia de la muy noble, y antigua Casa de Calderón de la Barca, y sus sucessiones continuadas, que escrivió el Rmo. P. M. Fr. Phelipe de la Gándara... (1753). Madrid; editado por Juan de Zúñiga. 302 páxinas. Obra póstuma.
- El Cisne occidental canta las palmas y trivnfos eclesiasticos de Galicia. Ganados por svs hijos insignes, santos, y varones ilustres, y ilustrissimos martires, pontifices, virgenes, confessores, doctores, y escritores, que los han merecido en la iglesia militante, para reinar con Dios en la triunfante. Obra postvma, Madrid: Julián de Paredes, 1678, 2 vols. Reeditada na Coruña, Orbigo, imp. 2007.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Dubert García, Isidro (1999). "A manipulación política e ideolóxica da Demografía en Francia e da Historia en Galicia. Unha análise comparativa". Grial (Galaxia). XXXVII (141): 5–33, en 21. ISSN 0017-4181.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Felipe de la Gándara |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Gándara e Ulloa, Filipe de la". Dicionario biográfico de Galicia. Ir Indo Edicións. 2010-2011.
- Couceiro Freijomil, A. (1952). "Gándara y Ulloa, Felipe de la". Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) II. Santiago de Compostela: Bibliófilos Gallegos. p. 115.
Predecesor: - |
Cronista de Galicia 1654 - ? |
Sucesor: Juan Pacheco Troncoso |