Filipe de Magalhães

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFilipe de Magalhães
Biografía
Nacemento1563 Editar o valor em Wikidata
Azeitão (São Lourenço e São Simão), Portugal (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte17 de decembro de 1652 Editar o valor em Wikidata (88/89 anos)
Lisboa, Portugal Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Portugal Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncompositor Editar o valor em Wikidata
MovementoMúsica barroca Editar o valor em Wikidata
AlumnosEstêvão de Brito (pt) Traducir e Manuel Correia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua portuguesa Editar o valor em Wikidata

Musicbrainz: 66b7696a-3cb6-4ccb-9195-ef4c5b482a13 Discogs: 1802974 IMSLP: Category:Magalhães,_Filipe_de Editar o valor em Wikidata

Filipe de Magalhães, nado en Azeitão contra o 1571 e finado en Lisboa en 1652, foi un compositor portugués de polifonía sacra.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Filipe de Magalhães naceu en Azeitão, Portugal, en 1571. Estudou música na Sé Catedral de Évora con Manuel Mendes e era colega dos polifonistas Duarte Lobo e Manuel Cardoso. En 1589 substituíu a Manuel Mendes como mestre dos Claustros da Sé. Foi para Lisboa, onde foi membro do coro da Capela Real e, mestre de Capela da Misericórdia. No día 27 de marzo de 1623, foi nomeado mestre da Capela Real, onde permanece ata 1641.

En Évora, foi profesor de Estêvão de Brito, Esteban López Morago e Manuel Correia, que mantivo a escola de música da Catedral de Évora.

Obra[editar | editar a fonte]

Magalhães dedicouse á composición de obras sacras polifónicas para a liturxia. A maioría delas foron publicadas en coleccións como a Missarum Liber, que foi dedicado a Filipe II de Portugal e os Cantica Beatissima Virgines, publicado en Lisboa en 1639. Tamén escribiu un libro Cantus Ecclesiasticus, que foi publicado en cinco edicións diferentes (os primeiros en Lisboa en 1614 e en Antuerpia, en 1642, e a última en 1724).

O catálogo da Biblioteca de Música do rei João IV de Portugal tamén menciona unha misa en 8 voces, lamentacións en 6 voces para a Xoves Santo, unha panxoliña de Nadal a sete voces e motetes en 5 e 6 voces. Todas esas obras foron perdidas durante o Terremoto de 1755.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]