Filamina
As filaminas son unha calse de proteínas que manteñen xuntos dous filamentos de actina formando grandes ángulos.[1] As proteínas filaminas en mamíferos están constituída por un dominio de unión á actina no seu N-terminal que é seguido por 24 módulos de repeticións similares a inmunoglobulinas de aproximadamente 95 aminoácidos. Teñen dúas rexións bisagras, situadas entre as repeticións 15-16 e 23-24. A filamina é cortada nestas rexións bisagra para xerar fragmentos menores da proteína. A filamina ten dous sitios de unión á actina con enlace V entre eles, así que crea enlaces cruzados entre os filamentos de actina formando unha rede cos filamentos orientados entre si case en ángulos rectos.[2]
Entre as proteínas filaminas están:
A sobreexpresión de FLNA detén a rexeneración de células de carcinoma de vexiga, ao inhibir o ciclo celular e inducir a apoptose das células do carcinoma de vexiga.[3] A FLNA tamén reduce as capacidades de mobilidade e invasión das células de carcinoma de vexiga.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Murray JT, Campbell DG, Peggie M, Mora A, Alfonso M, Cohen P (decembro de 2004). "Identification of filamin C as a new physiological substrate of PKBalpha using KESTREL". The Biochemical Journal 384 (Pt 3): 489–94. PMC 1134134. PMID 15461588. doi:10.1042/BJ20041058.
- ↑ Alberts, Bruce, author University of California, San Francisco, USA (2017-08-07). Molecular Biology of the Cell. ISBN 978-1-317-56374-7. OCLC 1001364893.
- ↑ 3,0 3,1 Wang Z, Li C, Jiang M, Chen J, Yang M, Pu J (febreiro de 2018). "Filamin A (FLNA) regulates autophagy of bladder carcinoma cell and affects its proliferation, invasion and metastasis". International Urology and Nephrology 50 (2): 263–273. PMID 29288417. doi:10.1007/s11255-017-1772-y.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- filamins Medical Subject Headings (MeSH) na Biblioteca Nacional de Medicina dos EUA.
Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |