Fidel Mato Vázquez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Fidel Mato Vázquez
Datos persoais
Nacemento20 de outubro de 1927
LugarGaliciaMato Lalín (Pontevedra)
Falecemento24 de outubro de 2006 (79 anos)
LugarValladolid
NacionalidadeEspaña
Actividade
Campoquímica e farmacia
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Contribucións e premios
PremiosEncomenda da Orde Civil de Afonso X o Sabio
editar datos en Wikidata ]

Fidel Mato Vázquez, nado en Mato (Lalín) o 20 de outubro de 1927 e finado en Valladolid o 24 de outubro de 2006, foi un enxeñeiro químico galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Cursou os seus primeiros estudos na escola de Cercio. Con cinco anos morre o seu pai e a nai cando ten oito e xuntos cor irmáns trasládase a Castelo á casa dos seus tíos. Fixo o bacharelato como alumno interno no colexio dos Maristas de Lugo. Logo estudou na Universidade de Santiago de Compostela simultaneamente Ciencias Químicas e Farmacia. En 1958 aceptou unha praza de profesor adxunto na Facultade de Químicas da Universidade de Valladolid. En 1959 obtivo por oposición[1] a cátedra de Química Técnica da Universidade de Salamanca. Nesa época comenzou a súa colaboración coa editorial Reverté como tradutor de libros técnicos. En 1968 obtivo o traslado[2] á cátedra de Química Técnica de Valladolid, onde desenvolveu o resto da súa vida universitaria. A súa actividade investigadora centrouse na medida de propiedades de mesturas e no equilibrio entre fases, principalmente no equilibrio líquido-vapor.

Nos anos setenta foi nomeado[3] primeiro Director da Escola Universitaria de Enxeñería Técnica Agrícola de Palencia e despois director da actual Escola de Enxeñerías Industriais da Universidade de Valladolid.

A partir dos anos oitenta abordou, xunto a outros profesores, a transformación da materia de Química Técnica nunha carreira universitaria orientada á ensinanza da enxeñería química.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • Medalla da Universidade de Valladolid.
  • Encomenda con placa da Orde Civil de Afonso X o Sabio.
  • Medalla de ouro de Enxeñería Química da Universidade de Valladolid.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. «BOE» núm. 10, de 12 de xaneiro de 1960, páxinas 473 a 473.
  2. «BOE» núm. 104, de 30 de abril de 1968, páxinas 6376 a 6376.
  3. «BOE» núm. 304, de 20 de decembro de 1972, páxinas 22717 a 22717.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Homenaje a los profesores Fidel Mato Vázquez y Jesús Santos López (publicación da Universidade de Valladolid).

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]