Fiat G.18

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fiat G.18
Tipopasaxeiros
FabricanteFiat Aviazione
Deseñado porGiuseppe Gabrielli
Primeiro voo18 de marzo de 1935
Unidades construídas9

O Fiat G.18 foi un avión bimotor de pasaxeiros italiano desenvolvido por Fiat Aviazione a mediados das década de 1930.

Deseño[editar | editar a fonte]

O G.18 era un monoplano convencional de á baixa con dous motores montados nas ás, cunha aparencia semellante á do Douglas DC-2. As unidades principais do tren de aterraxe retraíanse cara as góndolas do motor, deixando ás rodas parcialmente expostas. O avión podía transportar 28 pasaxeiros.[1]

Historial de servizo[editar | editar a fonte]

Tres G.18 comezaron a operar coa propia aeroliña de Fiat, Avio Linee Italiane (ALI), a principios de 1936, e a retroalimentación recibida foi que tipo tiña pouca potencia. Fiat respondeu o seguinte ano cunha versión revisada, o G.18V, que tiña motores máis potentes, unha deriva redeseñada e un longo strake dorsal. Seis deles entregáronse a ALI, que os utilizou na súas rutas europeas ata o estoupido da segunda guerra mundial.

En xuño de 1940 ALI pasou a ser controlada pola Regia Aeronautica (a forza aérea italiana), e os G.18 comezaron a usarse como transportes. Entre outras operacións, levaron tropas a Albania en novembro de 1940 como parte da campaña contra Grecia. No momento do armisticio italiano só un deles estava operativo, con outros tres capturados por Alemaña, e un quinto avión en uso pola restante forza fascista italiana. Este último aparello tivo un accidente o 30 de abril de 1944 cando, cargado con municións, estoupou na pista en Bresso. A explosión causou danos considerables no aeródromo.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "FIAT G.18, Aerei militari, Schede tecniche aerei militari italiani e storia degli aviatori". www.alieuomini.it. Consultado o 2024-03-24. 
  2. "ASN Aircraft accident Fiat G.18V I-ELCE Bresso". aviation-safety.net. Consultado o 2024-03-24.