Festas do Monte, A Guarda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Orixe[editar | editar a fonte]

En 1912 os guardeses Julián López García, Manuel Lomba Peña e o sacerdote José Pedreira Sobrino crean a Sociedade Pro-Monte Santa Tegra. Con esta sociedade pretenden crear un proxecto cunha serie de requisitos; un deles é festexar o aniversario desta asociación coa visita o monte de todos os seus familiares cada ano, que sería coñecido como a Festa do Monte.

O primeiro ano que se celebra dita festa foi o 24 de agosto de 1913 para festexar o primeiro aniversario da fundación de Sociedade Pro-Monte. A data desta festa sempre tivo lugar no mes de agosto, pero foi variando ata deixala sempre na segunda semana de dito mes no 1947. Nun principio tratábase dunha festa con actos relixiosos e familiares, pero pouco a pouco foise transformando nuns festexos populares e unha gran difusión pola comarca do Baixo Miño.

Cómpre destacar que durante a Guerra civil española, de 1936 a 1939, soamente se podía celebrar os actos relixiosos, deixando a un lado os festexos populares.

En 2009 a Festa do Monte foi recoñecida como Festas de interese turístico de Galicia.

En 2013 cumpriuse o centenario da Festa do Monte Santa Tegra, decídese ampliar as festas a dúas semanas.

Historia[editar | editar a fonte]

As Festas do Monte teñen unha duración de sete días, durante a segunda semana do mes de agosto e o luns seguinte do «Domingo do Monte». De luns a venres hai unha serie de verbenas que animan as noites e polas tardes unha serie de actos culturais e deportivos nos que a xente pode participar.

Os días con maior interese son o sábado e o domingo. O sábado é cando se celebra o tradicional desfile polo centro da Guarda. Nel, pódese observar grupos con diferentes traxes rexionais, grupos de gaitas e folclóricos, pero o que máis destaca neste percorrido son as bandas mariñeiras cos seus toques dos bombos, das caixas e das gaitas.

O domingo é o día máis esperado de todos, o chamado «Domingo do Monte». Desde a mañá, as bandas mariñeiras, familias e visitantes soben ata ó Monte Santa Tegra para celebrar a romaría. Unha vez todos arriba, cada banda ten un lugar asignado onde tocan, comen e beben todos xuntos. Despois de comer cada unha delas fai o seu toque cos bombos, as caixas, as gaitas ata o momento da xura, no que cada unha xura con viño que o ano seguinte volverán acudir. A xura é unha declaración de fidelidade á banda, sobre todo os mariñeiros, xa que xuran por poder volver o ano seguinte. É unha protección, non perderon a vida na mar e así pode xurar cada ano. Arredor das sete da tarde as bandas comezan a baixar cara o Montiño. Alí xúntanse todas xuntas o fin dunhas festas.

O luns despois do «Domingo do Monte» pola noite bótanse fogos artificiais para pechar o remate destas festas.

As bandas mariñeiras[editar | editar a fonte]

Desfile del monte.jpg

As bandas da Festa do Monte son mariñeiras, familiares, de diferentes número de integrantes. Cada unha delas é representada cunha cor e un toque diferente para distinguilas. As diferentes bandas que integran estas festas son:

  • Banda Negra
  • Mau Mau
  • Banda Roja
  • Os Perdidos
  • O Ceu Oscuro
  • A Troulada
  • Os Despistados
  • A Desfeita
  • A Chicadoira
  • Os da Corea
  • Os do Rancho
  • A Carallada
  • A Foliada
  • A Beira do Río
  • Ribadela
  • Os da Alba
  • O Pé do Tegra
  • Fervenza Tinta
  • Os do Outro Lado do Monte
  • Nova semente

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]