Festa do Monte

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
A Festa do Monte.

A Festa do Monte de Santa Trega, coñecida coloquialmente como Festa do Monte, é unha festa popular galega que se celebra a segunda fin de semana de cada mes de agosto no Monte de Santa Trega, na localidade pontevedresa da Guarda. Está declarada como festa de interese turístico galego.[1]

Orixe[editar | editar a fonte]

No ano 1912 creouse na Guarda a Sociedade Pro-Monte de Santa Trega, entre cuxos fins estaban os de revitalizar as celebracións relixiosas da ermida, reforestar as abas do monte, embelecer a contorna e construír unha nova estrada de acceso ao mesmo.[2]

En 1913[3] a sociedade Pro-Monte organizou a primeira Festa do Monte de Santa Trega, que aínda que nas súas primeiras edicións tiña un carácter familiar, e contaba só coa participación dos membros de devandita sociedade, axiña acadou unha gran sona na comarca do Baixo Miño, pasando a se converter nunha celebración anual, cuxos festexos populares -non así os relixiosos- só se interromperían entre o ano 1936 e 1938, por mor da Guerra Civil.

En 1914, durante a construción da estrada de acceso á ermida, descubríronse os importantes restos do Castro de Santa Trega.

A festa hoxe[editar | editar a fonte]

Hoxe en día milleiros de persoas participan durante unha semana nas actividades variadas que se realizan, sendo o desfile e o "día do monte" os que congregan unha maior cantidade de visitantes[4].

Salienta a subida en romaría das bandas mariñeiras até cumio do monte, espantando os maos augurios cos seus grandes bombos. Unha vez acadan o curuto, grupos de amigos e familiares procuran un sitio sombrizo onde xantaren e pasaren a xornada. Xa á noitiña, os participantes regresan á vila da Guarda. Á noite celébrase unha verbena[5].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "RESOLUCIÓN do 16 de xuño de 2009 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 8 de abril de 2009 polo que se declara festa de Galicia de interese turístico na provincia de Pontevedra a Festa do Monte que se celebra no concello da Guarda.url=http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2009/20090715/Anuncio28EDA_gl.html". Consellería de Cultura e Turismo. Xunta de Galicia. 15/07/2009.  Falta a |url= (Axuda);
  2. A cultura de Galicia.
  3. Atlántico (19 de agosto de 2013).
  4. Información da festa en Infomiño
  5. Noticia sobre a Festa de 2016 en La Voz de Galicia