Festa da castaña e do cogomelo de Riós

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A festa da castaña e do cogomelo celébrase no concello de Riós a primeira fin de semana de novembro. Esta festa lévase celebrando dende o ano 1994, durante dous días (sábado e domingo) en que se desfruta dos produtos típicos da zona. Dende o ano 2008 esta festa está recoñecida como Festas de interese turístico de Galicia.[1]


Caracteerísticas[editar | editar a fonte]

A festa comeza cun vídeo de promoción sobre o Concello de Riós, a continuación actúan diferentes grupos e tamén as pandeireteiras da banda de gaitas do concello e por último para rematar este primeiro día celébrase un magosto popular onde os pratos típicos a degustar son empanadas, pan, chourizos, castañas e bica.

O domingo a xornada comeza coa apertura das casetas onde hai produtos artesanais, xa sexan produtos gastronómicos da zona ou pezas feitas a man. Outra das actividades levadas a cabo este día é unha exposición que recolle a historia das mulleres do rural e do traxe tradicional do Entroido. Toda a festa é amenizada tanto por unha charanga como pola banda de gaitas do concello. Estes son os encargados de acompañar as autoridades por toda a festa.

Esta festa conta cunha degustación de produtos como son chourizos, castañas asadas e viño, esta está en todo momento amenizada por unha banda de música tradicional. Tamén os restaurantes teñen por costume preparar un menú de xantar tradicional.

Dende o ano 2017 faise entrega da Castaña de Ouro.[2] Ata este ano víñase facendo un tour ciclista polas aldeas que forman o Concello de Riós, cada ano ían por unhas diferentes para que non sempre fose a mesma ruta. Antes de ir comer facíase a entrega de premios aos tres participantes que chegasen primeiro a meta.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "O Consello da Xunta deste xoves declarará a Festa da Castaña e dos cogumelos de Riós de interese turístico". Ourense Dixital. 31 de xullo de 2008. 
  2. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 30 de abril de 2019. Consultado o 30 de abril de 2019.