Ferreiriño cristado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ferreiriño cristado
En Escocia
En Escocia
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Familia: Paridae
Xénero: Lophophanes
Especie: L. cristatus
Nome binomial
'Lophophanes cristatus'
(Linnaeus, 1758)
Lophophanes cristatus distribution map.png

O Ferreiriño cristado (Lophophanes (Parus) cristatus) é unha ave da familia dos Páridos.

Morfoloxía e hábitos[editar | editar a fonte]

É unha especie pequena de 11,5 cm de lonxitude, peso de 11 gramos e envergadura de 17–20 cm. Morfoloxicamente os machos son iguais ás femias.

Ave estritamente forestal, o seu hábitat predilecto son as fragas de coníferas aínda que tamén se adapta a fragas mixtas con gran densidade forestal.

A base da súa alimentación son os insectos, sementes de coníferas e arácnidos.

Reprodución[editar | editar a fonte]

O período de cría vai de abril a xullo, podendo facer 1 ou dúas postas. O niño adoita estar en ocos de árbores ou en fendas de rochas. Cada posta consta entre 5 e 8 ovos, cun tempo de incubación de 13 a 15 días. Os polos permanecen no niño entre 17 e 21 días trala eclosión.

Distribución[editar | editar a fonte]

Presente en toda Europa Occidental e Central (excepto Italia e Inglaterra). Está presente tamén no sur de Escandinavia.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • 100 aves comúns do concello de O Grove e áreas veciñas. C. D. Romay Cousido, Antonio Fontoira García, Emilio Martínez Sabarís, Atocha Ramos Martínez. Editado polo Concello de O Grove. Depósito Legal:C 2423-2009
  • Guía de Aves: España, Europa y Región Mediterránea. Lars Svensson, Killian Mullarney, Dan Zetterstïons. Ediciones Omega. (en castelán)
  • Gran Guía de la Naturaleza. AVES. Nicolai, Singer, Wothe. Editorial Everest, s.a. (en castelán)
  1. BirdLife International (2004). Parus cristatus. 2006 Lista Vermella de Especies Ameazadas IUCN. IUCN 2006. Consultado o 12 May 2006.