Fernando Altés Villanueva

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFernando Altés Villanueva
Biografía
Nacemento19 de xuño de 1909 Editar o valor em Wikidata
Valladolid, España Editar o valor em Wikidata
Morte12 de decembro de 2004 Editar o valor em Wikidata (95 anos)
Valladolid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , catedrático Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Fernando Altés Villanueva, nado en Valladolid o 19 de xuño de 1909 e finado na mesma cidade o 12 de decembro de 2004, foi un profesor e xornalista español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Profesor de Lingua e Literatura. En 1935 foi nomeado profesor de Letras da fundación benéfico-docente Martínez Vazquez de Ribadavia,[1] da que foi nomeado director ese mesmo ano. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi asesor xurídico de El Norte de Castilla en 1939 e despois xerente até 1956, cando foi designado conselleiro delegado do xornal. Impulsou a expansión do periódico propiciando a apertura das delegacións de Palencia, Segovia e Zamora. Foi un dos fundadores da axencia de noticias Colpisa e conselleiro da axencia EFE durante 20 anos. Estivo vinculado as empresas editoras Santarén, Miñón, Librería Lara e Macrolibros. Foi secretario do Ateneo de Valladolid.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Carmen Bustelo Menéndez, e foi pai de Fernando, Carmen, Ángel, José Marís, Asunción, María Paz e Jacinto Altés Bustelo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Pueblo Gallego, 13-6-1934, p. 3.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]