Fender Bass VI

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Fender Bass VI, orixinalmente coñecido como Fender VI, é un baixo eléctrico de seis cordas fabricado por Fender. Apareceu no ano 1961, e seguía o concepto do baixo das mesmas características de Danelectro lanzado en 1956, con seis cordas afinadas en E-E, unha oitava por debaixo da guitarra española. O seu outro antecesor foi a Fender Jazzmaster, coa cal compartía moitos detalles estilísticos e técnicos. O seu corpo e compoñentes electrónicos son moi semellantes aos da guitarra Fender Jaguar, aparecida o seguinte ano.