Saltar ao contido

Felipe Arias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Felipe Arias Vilas, nado en Lugo o 5 de xullo de 1949, é un arqueólogo galego.

Traxectoria

Licenciado en Filosofía e Letras (sección Xeografía e Historia) pola Universidade de Santiago de Compostela (1971). Foi Premio Extraordinario de Licenciatura coa Tese sobre a Muralla Romana de Lugo. Foi profesor de Historia e Arqueoloxía e bolseiro de investigación na USC (1971-1974). Participou e dirixiu proxectos relacionados coa Prehistoria e a romanización en Galicia, centrando a súa investigación no Castro de Viladonga e no Lugo romano. Foi membro fundador do Museo do Pobo Galego, é xefe da sección de Arqueoloxía e Prehistoria do Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos (CSIC), e promotor do Consello Galego de Museos. Funcionario do Corpo Facultativo de Conservadores de Museos desde 1974, é director do Museo do Castro de Viladonga. Foi Director xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia.

Obras

  • Las murallas romanas de Lugo, 1972.
  • Museo Provincial de Lugo, 1981.
  • Castro de Viladonga, 1985.
  • A romanización de Galicia, 1992.
  • Museo do Castro de Viladonga, 1996
  • Dicionario de termos de arqueoloxía e prehistoria, 1995 (con Ana Romero Masiá).

Obras colectivas

  • Inscriptions romaines de la province de Lugo, 1979.

Véxase tamén

Ligazóns externas