S.S. Felice Scandone

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde «Felice Scandone Basket Avellino»)
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Sidigas Avellino
FinalEight2010ScandoneAV.jpg
Información xeral
Nome Società Sportiva Felice Scandone
Fundación 1948
Desaparición 29 de xullo de 2021
Cores                Branco, verde, laranxa
Presidente Italia Gerardo Santoli (último)
Patrocinador Sidigas
Localización
Cidade Italia Avellino, Italia
Pavillón PalaDelMauro
Capacidade 5 195
Inauguración 1987
Campionatos
Copa 1 (2008)
scandonebasket.it

A Società Sportiva Felice Scandone Basket Avellino foi un club profesional de baloncesto italiano da cidade de Avellino, na rexión da Campania. En 2019 o equipo renunciou á súa praza na Lega Basket Serie A, a máxima competición do baloncesto italiano, por motivos económicos. Despois de competir na temporada 2020−21 da Serie B, terceira cateogría do país, o equipo descende de categoría, decidindo non se inscribirse en ningunha competición para a seguinte temporada.[1] Fundado en 1948, obtiveron o seu primeiro título no ano 2008, cando gañaron a Coppa Italia tras vencer na final á Virtus Bologna por 73 a 67. Xogaba os seus encontros como local no Palasport Giacomo Del Mauro, un pavillón remodelado en 2008 con capacidade para 5 100 espectadores.

Historia[editar | editar a fonte]

O mellor resultado na historia do club é a terceira praza da Serie A italiana obtida na tempada 2007-08 e que lle permitiu participar na Euroliga na tempada 2008-09. O único título do club chegou no 2008, ao gañar a Copa de Italia. En 2019 debido a motivo económicos o Felice Scandone renuncia á súa praza na Serie A, sendo descendido en consecuencia á Serie B, terceira categoría italiana. Na temporada 2020−21, o equipo finaliza en 15º lugar, perdendo nas eliminatorias polo descenso a categoría. Após a finalización da temporada, o club decide non inscribirse en ningunha competición, facendo así oficial a desaparición da sociedade o 29 de xullo de 2021.[1]

Patrocinadores[editar | editar a fonte]

Ao longo da súa historia o Felice Sandone de Avellino levou diferentes nomes por mor de motivos de patrocinio:[2]

  • Pasta Baronia Avellino (1996−1997)
  • Cirio Avellino (1997−1998)
  • Select Avellino (1998−1999)
  • Nicoloro Avellino (1999)
  • De Vizia Avellino (1999−2002)
  • A.IR. Avellino (2003−2011)
  • Sidigas Avellino (2011−2019)

Palmarés[editar | editar a fonte]

Títulos nacionais[editar | editar a fonte]

  • Copa de Italia
    • Campións (1): 2008

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "SS Felice Scandone Avellino, arriva il fallimento" [SS Felice Scandone Avellino, chega a quebra]. Sportando (en italiano). 29 de xullo de 2021. Consultado o 3 de agosto de 2021. 
  2. "Lega A Basket historia do S.S. Felice Scandone". Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2011. Consultado o 07 de xuño de 2010. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]