Federico Pérez Lago
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1873 Ferrol, España |
Morte | 14 de novembro de 1961 (87/88 anos) Ferrol, España |
Alcalde de Ferrol | |
1913 – 1913 ← Emilio Antón Iboleón – Emilio Antón Iboleón → | |
Actividade | |
Ocupación | político, comerciante |
Federico Pérez Lago, nado en Ferrol cara a 1873 e finado na mesma cidade o 14 de novembro de 1961,[1] foi un comerciante e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comerciante en Ferrol. Concelleiro republicano de Ferrol, foi nomeado alcalde de Ferrol por Real Orde en outubro de 1913[2]. O 26 de marzo de 1930 foi un dos asinantes do Pacto de Lestrobe. Concelleiro republicano e pai dun tenente de Artillaría destinado en Ferrol. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e xulgado en Ferrol por traizón, sendo condenado a cadea perpetua.
Predecesor: Emilio Antón Iboleón |
Alcalde de Ferrol 1913 |
Sucesor: Emilio Antón Iboleón |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Voz de Galicia, 18-11-1961, p. 8.
- ↑ El Correo de Galicia, 10-10-1913, p. 2.