FedSat

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
FedSat / Aurorae
TipoCientífico/tecnolóxico
Destino actualEn órbita.[1]
Data de lanzamento14 de decembro de 2002, 23:04 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorH-2A[2][5]
Sitio de lanzamentoCentro Espacial de Tanegashima[2]
Obxectivo da misiónComunicacións, científico e tecnolóxico.[2]
NSSDC ID2002-056B
Masa58 kg[2][6]
Datos orbitais
Semieixo maior7175 km[1]
Inclinación98,3 graos[1]
Apoapse810,5 km[1]
Periapse799,3 km[1]

FedSat (Federation Satellite) é un satélite artificial australiano lanzado o 14 de decembro de 2002 mediante un foguete H-2A desde o Centro Espacial de Tanegashima.[2][5][6]

Características[editar | editar a fonte]

FedSat é un microsatélite de 58 kg de masa que ten como obxectivo desenvolver a experiencia de Australia no campo dos microsatélites e proporcionar unha plataforma de investigación en ciencia espacial, comunicacións e GPS.[2][5][6]

FedSat foi desenvolvido polo Centro de Investigación Corporativa para Sistemas de Satélites (Cooperative Research Centre for Satellite Systems en inglés).[2][5][6]

Instrumentos[editar | editar a fonte]

FedSat levaba a bordo os seguintes instrumentos:[2][5]

  • Receptor GPS.
  • NewMag (magnetómetro).
  • Computación de alto rendemento.
  • Transpondedor de banda Ka.
  • Procesador de banda base.
  • CD-ROM: o satélite leva a bordo un CD-ROM montado nun lateral con mesaxes de son de varios australianos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "FEDSAT" (en inglés). Consultado o 2 de febreiro de 2013. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 NASA (14 de maio de 2012). "Fedsat" (en inglés). Consultado o 2 de febreiro de 2013. 
  3. "Note verbale dated 2 September 2003 from the Permanent Mission of Australia to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (03-87958). 15 de setembro de 2003: 2. Consultado o 2 de febreiro de 2013. 
  4. Claude Lafleur (2010). "FedSat" (en inglés). Consultado o 2 de febreiro de 2013. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "FedSat 1" (en inglés). Consultado o 2 de febreiro de 2013. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 Mark Wade (2011). "FedSat" (en inglés). Consultado o 2 de febreiro de 2013.