Faustino Ramos Díez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de maio de 1923 Valladolid, España |
Morte | 11 de novembro de 1991 (68 anos) Madrid, España |
Procurador en Cortes | |
24 de xuño de 1974 – 20 de maio de 1977 ← Antonio Castro Villacañas (pt) Lexislatura: X lexislatura das Cortes franquistas | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | político |
Lingua | Lingua castelá |
Faustino Ramos Díez, nado en Valladolid en 1923 e finado en Madrid o 11 de novembro de 1991, foi un político español.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Mestre, licenciado en Dereito e técnico en Programación. Foi xefe do Servizo Nacional de Actividades Profesionales da Delegación Nacional de Juventudes, subdelegado nacional de Juventudes (1968-1970), delegado provincial de Información e Turismo en Biscaia (1970-1974) e presidente do Sindicato nacional da Información. Foi nomeado gobernador civil de Pontevedra en abril de 1977.[1] Permaneceu no cargo até 1980. Finou en Madrid o 11 de novembro de 1991.[2]
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou con María del Carmen Pérez e foi pai de Rosa María, Carmina, Concepción, Faustino, Rosario e Paloma Ramos Pérez.
Recoñecementos[editar | editar a fonte]
- Medalla da Vieja Guardia de Falange.