Saltar ao contido

Faro de Candás

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Faro de Candás
Faro de Candás
Tipofaro Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
Mantido porAutoridad Portuaria de Gijon (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Datas
Entrada en servizo1904 Editar o valor en Wikidata
Fundación1904 Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Altura12 m Editar o valor en Wikidata
Altura focal40 m Editar o valor en Wikidata
Alcance do farol15 mn Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 43°35′40″N 5°45′40″O / 43.594386, -5.761059
EstadoEspaña
Comunidade autónomaAsturias
Provinciaprovincia de Asturias
ConcelloCarreño
ParroquiaCandás Editar o valor en Wikidata
Bañado porocéano Atlántico Norte Editar o valor en Wikidata
Wikidata ] C:Commons ]

O faro de Candás é unha construción situada no cabo de San Antonio, no concello asturiano de Carreño. Localízase na marxe occidental do porto de Candás, ó que serve de abrigo dos ventos do oeste.

En funcionamento desde 1917 na súa localización actual, xa que na anterior de 1904 na Peña de los Ángeles, non existía posibilidade de construír unha casa para o fareiro. En 1955 empezou a funcionar a sirena.

Está construído case á beira do rochedo. O edificio é rectangular de dúas alturas con torre troncopiramidal acaroada á cara norte do edificio. A altura sobre o nivel do mar é de 40 metros e de 12 metros sobre o terreo.

Ten un alcance de 15 millas mariñas.