Farah Ahmed
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Farah Ahmed Alí 1981 (42/43 anos) Melilla, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Relixión | Islam |
Actividade | |
Ocupación | modelo |
Lingua | Lingua castelá |
Farah Ahmed Alí, nada en Melilla en 1981, é unha modelo española. A súa familia e ela son de relixión musulmá (forman parte da etnia bérber).
Traxectoria[editar | editar a fonte]
É a maior dos seus catro irmáns e con 14 anos iniciou a súa traxectoria no mundo da moda. En 2003 foi nomeada Miss Mellilla e converteuse na primeira muller musulmá que representa a unha cidade española nun certame de beleza.[1]
En 2004, participou en Miss España onde foi a segunda Dama de Honra. Ademais, representou a España no certame de Miss Europa 2005. Pouco despois, trasladouse a vivir a Madrid e no ano 2006 foi protagonista dunha adaptación teatral da serie "Mujeres desesperadas", baixo o título "Seis mujeres desesperadas". Tamén hai que destacar, nese mesmo ano participou no programa de TV de Telecinco; "Esta cocina es un infierno" na que acabou sendo finalista, despois da súa experiencia televisiva foi a portada da revista masculina Sie7e.[2]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Telecinco. "Farah Ahmed en Esta cocina es un infierno". www.estacocina.telecinco.es (en castelán). Archived from the original on 14 de abril de 2009.
- ↑ "Farah Ahmed, la primera Miss musulmana, posa ligera de ropa". www.20minutos.es (en castelán).