Falso positivo (medicina)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

En medicina, o falso positivo é un erro polo cal ó realizar unha exploración física ou unha proba complementaria o seu resultado indica unha doenza determinada, cando en realidade non a hai.

Exploración física[editar | editar a fonte]

A exploración física ou exame físico é o conxunto de procedementos ou habilidades da ciencia da Semioloxía clínica, que realiza o médico ó paciente, despois dunha correcta anamnese na entrevista clínica, para obter un conxunto de datos obxectivos ou signos que estean relacionados cos síntomas que refire o paciente.

Unha doenza pode ter un ou varios signos clínicos (exemplo: signos diagnósticos de apendicite). Dependendo do seu grao de sensibilidade e especificidade orientarán mellor ou peor cara á diagnose dun ou varios problemas de saúde. Cando o signo diagnóstico da exploración física realizada ó paciente indica que é positivo, pero en realidade non sofre a correspondente doenza, dise en medicina que é un falso positivo.