Facultade de Ciencias Políticas e Sociais de Santiago de Compostela
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2013.) |
| Facultade de Ciencias Políticas e Sociais de Santiago de Compostela | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Santiago de Compostela | |||||||||
|
Instancia de
| |||||||||
|
Parte de
| |||||||||
| |||||||||
| Wikidata |
A Facultade de Ciencias Políticas e Sociais de Santiago de Compostela é un centro educativo da Universidade de Santiago de Compostela, onde se imparte o Grao en Ciencias Políticas e da Administración e o programa de doutoramento Procesos Políticos Contemporáneos.
Obxectivos da licenciatura
[editar | editar a fonte]A licenciatura ten como obxectivos proporcionar uns amplos coñecementos en materias que permitan analizar os procesos e estruturas políticas e administrativas contemporáneas que capaciten para poder desenvolver funcións de responsabilidade de xestión media ou alta nas administracións públicas do estado así como en organizacións de carácter internacional.
Orientacións
[editar | editar a fonte]Está estruturado en catro cursos académicos e conta con tres plans de orientación distintos: Ciencia Política, Administración Pública e Estudos Internacionais. Entre as liñas de investigación dos seus docentes destaca a de estudos políticos, nacionalismo, cooperación internacional e estudos de xénero.
