Facultade de Ciencias Políticas e Sociais de Santiago de Compostela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Facultade de Ciencias Políticas e Sociais de Santiago de Compostela é un centro educativo da Universidade de Santiago de Compostela, onde se imparte o Grao en Ciencias Políticas e da Administración e o programa de doutoramento Procesos Políticos Contemporáneos.

Obxectivos da licenciatura[editar | editar a fonte]

A licenciatura ten como obxectivos proporcionar uns amplos coñecementos en materias que permitan analizar os procesos e estruturas políticas e administrativas contemporáneas que capaciten para poder desenvolver funcións de responsabilidade de xestión media ou alta nas administracións públicas do estado así como en organizacións de carácter internacional.

Orientacións[editar | editar a fonte]

Está estruturado en catro cursos académicos e conta con tres plans de orientación distintos: Ciencia Política, Administración Pública e Estudos Internacionais. Entre as liñas de investigación dos seus docentes destaca a de estudos políticos, nacionalismo, cooperación internacional e estudos de xénero.