Fabriciano Fernández Serra
Aparencia
(Redirección desde «Fabriciano Fernández de la Cigoña Serra»)
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de xullo de 1893 Vigo, España |
Morte | 4 de maio de 1955 (61 anos) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Fillos | Francisco Fernández de la Cigoña, Estanislao Fernández de la Cigoña |
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Fernández de la Cigoña.
Fabriciano Fernández de la Cigoña Serra, nado en Vigo o 26 de xullo de 1893 e finado na mesma cidade o 4 de maio de 1955, foi un xornalista galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Foi redactor de El Pueblo Gallego e colaborou noutros xornais galegos, e na revista Vida Gallega, da que foi director na súa segunda etapa. Asinaba os seus artigos cos pseudónimos D'Artagnan, Fefe ou Croa. Foi presidente da Asociación da Prensa de Vigo (1940 e 1946) e dirixiu a Hoja del Lunes de Vigo.
Casou en 1939 con Josefina Núñez Saavedra, filla do industrial Estanislao Núñez Barrios e tiveron seis fillos, entre eles Francisco José Fernández de la Cigoña Núñez e Estanislao Fernández de la Cigoña Núñez.