McDonnell Douglas F/A-18 Hornet

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «F-18»)
F/A-18 Hornet
F/A-18 Hornet
Tipocazabombardeiro
FabricanteMcDonnell Douglas, Boeing, Northrop
Primeiro voo18 de novembro de 1978
Introducido7 de xaneiro de 1983
Estadoactivo
Principais usuariosArmada dos Estados Unidos
Corpo de Marines dos Estados Unidos
Real Forza Aérea de Australia
Exército do Aire de España
Unidades construídas1 480
VariantesMcDonnell Douglas CF-18 Hornet
High Alpha Research Vehicle

O F/A-18 Hornet é un cazabombardeiro todo-tempo. É un avión táctico multi-misión dotado de dous motores e á media. As versións A, C e E son monoprazas mentres que as B, D e F son biprazas, estas últimas serven principalmente para roles de ataque e intercepción.

O monopraza orixinal F/A-18 Hornet foi o primeiro avión de ataque e caza dos Estados Unidos. Deseñado para os roles tradicionais de ataque, interdición aérea e apoio aéreo próximo, sen comprometer as súas capacidades como caza. En modo de ataque, úsase para protexer ás tropas, dándolles apoio aéreo próximo e profundo, tamén neutralizando posicións de defensa dende grande altitude. En modo de caza, o F/A-18 é usado como escolta, como interceptor para a defensa da frota nos portaavións da Mariña estadounidense complementando ou substituíndo ao F-14 Tomcat, e como caza Dog Fight no modo de combate próximo. Os F/A-18 tamén son utilizados dende 1986 polos Blue Angels, a patrulla acrobática da Mariña dos Estados Unidos, que son coñecidos en todo o mundo polas súas espectaculares manobras acrobáticas.