Fiandón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Fía")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Filandón, cadro de 1872 obra de Luís Álvarez Catalá.
.
Muller galega do século XVI ataviada para acudir á fiada. Ilustración da obra "Trachtenbuch" de Christoph Weiditz

O fiandón, fía, fiada ou fiadeiro,[1] é unha reunión veciñal para fiar a la ou o liño, ao remate da mesma era habitual a realización dunha festa con canto e baile.

Características[editar | editar a fonte]

As fiadas realizábanse á noitiña durante o período invernal, cando eran menos as horas para o traballo nos campos. Nelas contábanse contos, cantábase e realizábanse certos xogos populares ao tempo que se traballaba. As reunións adoitábanse facer ao redor do lar, cos participantes sentados en escanos ou bancadas. Ao remate era habitual a celebración dunha celebración con música e baile. Estas festas populares eran comúns en toda Galiza, recibindo diferentes denominacións dependendo das zonas xeográficas: seráns, foliadas, polavilas, etc.[2]

O fiandón séguese a practicar nalgúns puntos do occidente de León e Asturias e nas montañas orientais galegas. Desde o ano 2011 lévase a cabo anualmente en Merlán (A Ulloa) un fiandón popular. Tamén no concello de Lalín ten lugar unha fía tradicional na que se mostra o proceso de preparación do liño.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para fiandón.
  2. Souto, Miguel (2014). Xornadas de Baile Tradicional - Asociación de Gaiteiros Galegos. Youtube (Asociación de Gaiteiros Galegos). p. 1m. 25s. 
  3. Hilado y tejido del lino en el Museo Casa do Patrón (en castelán)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]