Experimento de Trouton-Noble

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A experiencia de Trouton-Noble consistiu no test da veracidade dunha previsión da visión do electromagnetismo baseada na hipótese do éter. Foi levada á cabo entre 1901 e 1903 por Frederick Thomas Trouton.

Características[editar | editar a fonte]

A previsión era de que un capacitor cargado, con placas paralelas entre si e paralelas á dirección do movemento do capacitor, debería xerar un torque con consecuente rotación de modo que se aliñase tranversalmente á súa primeira dirección. Ou sexa, o capacitor debería ter ao final as súas placas coas faces orientadas transversalmente á dirección do movemento.

O resultado nulo desta experiencia confirmouse por experiencias aínda máis sensíbeis feitas por Chase en 1923 e por Hayden en 1994.

A montaxe experimental na experiencia orixinal consistía en se suspender un capacitor cargado por unha fina fibra de torsión

A montaxe debía ser protexida de campos eléctricos e magnéticos espurios, caso contrario daría lugar a un falso positivo, como no caso da versión realizada por Cornille.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • F. T. Trouton and H. R. Noble, "The mechanical forces acting on a charged elecric condenser moving through space," Phil. Trans. Royal Soc. A 202, 165–181 (1903).
  • Carl T. Chase, "The Trouton-Noble ether drift experiment," Phys. Rev. 30, 516–519 (1927).
  • H. C. Hayden, "High sensitivity Trouton-Noble experiment," Rev. Scientific Instruments 65 (4), 788–792 (1994).
  • P. Cornille, "Correspondence: Making a Trouton-Noble experiment succeed," Galilean Electrodynamics 9 (2), 33 (1998).
  • P. Cornille, "A lineal Trouton-Noble experiment which shows the violation of Newton's third law," Hadronic j. Supplement 13 (2), 191–202 (1998).