Exilona

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Exilona foi a derradeira raíña da Hispania visigoda.

Era esta unha doncela criada na corte de Toledo, onde compartiu xogos de adolescencia con Paio, e de aí entroulles a afección do un polo outro, primeiro, e ao pouco un amor subido, pero esta relación non terminaría en lexítima unión, Paio houbo de abandonar a corte de Toledo para seguir ao seu señor e futuro rei Rodrigo fuxido a raíz do asasinato do seu pai por orde de Witiza. [1]

Casada co rei visigodo Rodrigo, cando queda viúva no ano 711 e tempo despois é apreixada por Abd al-Aziz ibn Musa que a toma por esposa, converténdose a si mesmo en rei de Hispania. No ano 716 morre en circunstancias descoñecidas.

Algúns historiadores sosteñen que se fixo musulmá, adoptando o nome de Umm Asim «a nai de Asim» polo nacemento dun home. Con todo, segundo fontes cristiás, Exilona continuaría practicando a relixión católica. De acordo coa Crónica do Pacense, a influencia de Exilona sobre Abd al-Aziz ibn Musa inquietaría aos musulmáns pola posibilidade de que este se puidese acabar convertendo ao cristianismo. Este feito motivaría o seu asasinato por orde do Califa de Damasco, Suleimán, quen mandou a Sevilla a cinco oficiais para lle dar morte.[2]


Notas[editar | editar a fonte]

  1. De Numancia a Trafalgar, Autor: Olaizola José Luis - Ediciones Temas de Hoy S.A. (THA), 2004, edición 1ª (2004), Paseo de Recoletos Madrid, ISBN:84-8460-368-7, Pág 34
  2. Fonte Diccionario Larousse