Evadne (filla de Poseidón)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Na mitoloxía grega, Evadne foi unha filla de Poseidón con Pitane (filla do deus-río Eurotas. Pitane estaba casada con Épito, rei de Arcadia.

Pitane abandonou a meniña, que foi atopada e criada por Épito, aínda que outra tradición afirma que o argallou para que fose recollida por el.

Tamén foi poseída por Apolo, con quen tivo un fillo, Iamo e ó que tamén abandonou, aínda que foi coidado por dúas serpes, que o alimentaron con mel. Cando Evadne soubo que sobrevivira, recuperou ó fillo. Co tempo, este Iamo sería un afamado adiviño (como corresponde a un fillo de Apolo) e pai dunha saga de sacerdotes tamén adiviños, os Iámidas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]