Eutiquio, Exarca
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século VII |
Morte | 752 |
Exarca de Ravenna | |
Actividade | |
Ocupación | oficial |
Eutiquio, morto no 752, foi o derradeiro exarca de Rávena (c.727-752).
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Todo o exarcado levantárase nunha revolta en resposta á imposición da iconoclasia en 727; os longobardos, o papado e as cidades italianas uníronse para eliminaren a autoridade bizantina. O emperador León III o Isáurico mandou a Eutiquio para controlar a situación. Eutiquio chegou a Nápoles, onde ordenou un intento de asasinato contra a vida do papa Gregorio II. Como o intento fracasou, Eutiquio volveu a súa atención aos longobardos. Os seus intentos de suborno deron resultados ao final; prometeu axuda ao rei longobardo Liutprando para someter os ducados de Benevento e Spoleto á súa autoridade, a cambio da axuda do rei para cambiar o Papa. Gregorio, con todo, reuniuse con Liutprando, e convenceuno para abandonar o plan; aínda lle deron tropas a Eutiquio para axudar a dominar as rebelións no exarcado.
O conflito cos longobardos rematou en desastre en 737, cando a cidade de Rávena foi cercada por Liutprando. Novas guerras xurdiron en 739. O papa Gregorio III apoiara os duques de Benevento e Spoleto contra Liutprando, facendo que invadise a Italia central. O exarcado, así como o Ducado de Roma, foi saqueado. En 740 Eutiquio e Gregorio apelaron a Venecia para liberar Rávena, cousa na que tiveron éxito. No entanto, era evidente que a autoridade bizantina en Italia estaba a desfacerse de xeito tan inevitábel que fixo que o Papa chamase o franco Carlos Martel ese mesmo ano.
Pouco despois da ascensión do papa Zacarías en 741, Liutprando planeou outra vez capturar Rávena. Zacarías, porén, marchou cara ao norte; reuniuse con Eutiquio preto de Rimini, e entrou en Rávena para ledicia da cidadanía local. Seguindo ata a capital longobarda de Pavia, Zacarías convenceu a Liutprando para abortar a expedición, e para devolver algún dos territorios que capturara. Algúns anos máis tarde, malia todo, o novo rei longobardo Aistolfo capturou Rávena en 751, e por ese tempo Eutiquio morreu loitando contra os longobardos. A súa morte marcou a fin do Exarcado de Rávena; o papado, así e todo, reclamou o anterior territorio imperial, e favoreceron a axuda dos francos para recuperalo.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Friedhelm Winkelmann et. al.: Prosopographie der mittelbyzantinischen Zeit. 1. Abteilung, Band 1, De Gruyter Verlag, Berlin–Nova York 1998, pp. 588–589, Nr. 1870.
- Alexios G. Savvides, Benjamin Hendrickx (ed.): Encyclopaedic Prosopographical Lexicon of Byzantine History and Civilization. Vol. 2: Baanes–Eznik of Kolb. Brepols Publishers, Turnhout 2008, ISBN 978-2-503-52377-4, p. 451.
Exarcado de Rávena | ||
---|---|---|
Segue a: Paulo, Exarca |
Eutiquio, Exarca | Precede a: longobardos |