Euro Pesadilla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Euro Pesadilla. Alguien se ha comido a la clase media é un libro de banda deseñada creado polo catalán Aleix Saló sobre a crise económica e política en Europa. Foi publicado por Random House Mondadori en abril de 2013.

Neste libro, Aleix Saló estuda o momento político social e económico europeo, retrocedendo até o neolítico para ver como se chegou á situación de crise. É unha fábula sobre a construción non só da Unión Europea, senón tamén da identidade europea.

Traxectoria editorial[editar | editar a fonte]

Para promocionalo, Aleix Saló colgou o 3 de abril de 2013 unha curtametraxe de animación titulada Euro Pesadilla, que explica de xeito satírico o mundo laboral e os sistemas económicos posibles.[1]

Notas[editar | editar a fonte]