Eulàlia Reguant i Cura

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Eulàlia Reguant i Cura
Eulàlia Reguant i Cura
Eulàlia Reguant no 2015.


Actualmente no cargo
Dende o 26 de outubro de 2015

Datos persoais
Nacemento 1979
Barcelona, Cataluña
Partido CUP-Alternativa d'Esquerres
Profesión Matemática e activista
Alma máter Universidade de Barcelona

Eulàlia Reguant i Cura, nada en Barcelona en 1979, é unha matemática e activista catalá, actual membro do Parlamento de Cataluña coa CUP pola circunscrición de Barcelona.[1]

Biografía[editar | editar a fonte]

Licenciada en Matemáticas pola Universidade de Barcelona, traballou en Setem, na Asociación Xustiza e Paz e en Lafede.cat (Federación de Organizacións para a Xustiza Global). É unha experta en finanzas éticas e membro da Asociación FIARE Catalunya e o Ateneu Layret, no distrito de Sant Antoni.

Nas eleccións municipais de 2015, ocupou o posto número 4 da Candidatura de Unidade Popular - Capgirem Barcelona e estivo a piques de ser elixida conselleira xa que a súa lista tivo tres representantes no Consello da cidade.

Nas eleccións ó Parlamento de Cataluña 2015, foi candidata da Candidatura de Unidade Popular - Crida Constituent, despois de ser elixida en primarias e converteuse en membro do Parlamento.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Ficha de Eulàlia Reguant en el Parlament". Parlament de Catalunya. Consultado o 5 de outubro de 2016. 
  2. La Vanguardia (4 de outubro de 2015). "Los diez diputados electos" (en español). 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]