Saltar ao contido

Eugénio Tavares

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaEugénio Tavares

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento18 de outubro de 1867 Editar o valor en Wikidata
Illa Brava, Cabo Verde Editar o valor en Wikidata
Morte1 de xuño de 1930 Editar o valor en Wikidata (62 anos)
Nova Sintra, Cabo Verde (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoBelas letras, xornalismo e música Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónxornalista, escritor, compositor, poeta, músico Editar o valor en Wikidata

Eugénio de Paula Tavares, nado en Illa Brava o 18 de outubro de 1867 e finado en Vila Nova Sintra o 1 de xuño de 1930, foi un xornalista, escritor e poeta caboverdiano, coñecido especialmente polos seus poemas-cantigas (mornas), escritos na variedade de crioulo caboverdiano de Brava.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Seus pais eran portugueses que tiveran que deixar Guinea pola inseguridade da zona, a nai, embarazada, foi á casa paterna, na Illa de Fogo e logo á casa dun familiar na Illa Brava e alí naceu Eugènio pero a nai non sobreviviu ao parto e adoptouno a súa madriña Eugénia Martins da Vera Cruz Medina e Vasconcelo e o seu home, o médico José Martins de Vera Cruz[1]. Comezou a escribir de novo, publicou o seu primeiro poema con quince anos no Almanaque de Lembranças Luso-Brasileiro[2]. e ao pouco vai a Mindelo traballando nunha casa comercial que representaba os intereses consulares dos Estados Unidos e empezou a colaborar coa prensa local. En 1888 desexando coñecer a Cabo Verde profunda logrou un posto na facenda pública de Tarrafal, descubriu a illa de Santiago e a súa fala, diverxente nalgúns aspectos do crioulo caboverdiano da súa illa natal. Volveu á Illa Brava en 1890 para traballar na facenda da illa. Nesta fase, as súas mornas gañan contido e sonoridade. Os novos temas son o amor, a illa, o mar, a muller, o emigrante, a partida, a saudade. En 1895 publicou o primeiro libro en crioulo caboverdiano, Manidjas[3]. En 1900 tivo que marchar ao exilio aos Estados Unidos por expoñer na prensa a fame que pasaba o pobo nas illas[4]. Estableceuse en New Bedford e alí fundou o periódico Alvorada, volveu en varias ocasións clandestinamente a Cabo Verde e cando se implantou a república en Portugal volveu do exilio. En 1911 era o redactor do semanario A Voz de Cabo Verde e en 1922 instalouse definitivamente na Brava. Espiritista, colaborou en 1929 con diversos artigos na "Revista de Espiritismo", órgano da Federación Espírita Portuguesa. Da súa pluma saíron vigorosos e destemidos artigos de propaganda neoespiritista. O escritor e lingüista Baltasar Lopes da Silva consideraba a súa poesía en portugués moi mediocre pero pola contra súa obra en crioulo era magnífica.[5] Nos últimos anos da súa vida preparou un volume con algunhas das súas mornas, que se publicaron en libro postumamente en 1932 co título de Mornas. Cantigas crioulas e na que inclúe unha recreación en crioulo dun poema de Luís de Camões[6]

  • Canção ao Mar
  • Morna aguada
  • Morna de Despedida
  1. Biografia de Eugénio Tavares eugeniotavares.org
  2. O Novo Poeta cria grande expectativa na Colónia eugeniotavares.org
  3. Eugenio Tavares Arquivado 01 de novembro de 2016 en Wayback Machine., vidaslusofonas.pt
  4. A vingança dos mediocres eugeniotavares.org
  5. Basil Davidson (1989) The Fortunate Isles: A Study in African Transformation. Africa World Press, p. 43
  6. Maria da Graça Gomes de Pina "Bárbara scrába dentro e fora da Lusofonia: Camões e Tavares" en Portuguese Studies Review, Vol. 22, No. 1 (2013)