Eugenio Bernal Pérez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Eugenio Bernal Pérez
Nacemento15 de marzo de 1923
 Madrid
Falecemento1 de novembro de 1986
 Montevideo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónfotógrafo e membro da resistência
editar datos en Wikidata ]

Eugenio Bernal Pérez, nado en Madrid o 15 de marzo de 1923 e finado en Montevideo o 1 de novembro de 1986, foi un fotógrafo e guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Aos tres anos a familia trasaládase a Ferrol. Traballou en Astano e fundou, cun compañeiro, os estudos de fotografía Gomber. Compañeiro de Antonio Molins Valls e Leonardo Gómez Pérez, foi detido en Ferrol o 17 de febreiro de 1943 nunha acción da Policía Armada. Antonio e Leonardo lograron fuxir, aínda que Leonardo ferido na cabeza. En 1953 marchou a Brasil e tres anos despois trasladouse a Montevideo, onde montou outro estudo de fotografía. Foi presidente da Casa de España e colaborador do diario El Popular. Foi detido pola ditadura o 5 de xullo de 1977 coa acusación de facer fotos de carnet,[1] estivo tres anos preso. Regresou a Ferrol en 1980 logo de moitas movilizacións pola súa liberación.[2] A súa familia permanecía en Uruguai, polo que se instalou en Buenos Aires onde se reuniu con eles. En 1983 detectouselle un cancro de recto, e déronlle seis meses de vida, aínda así regresou a Montevideo en 1985.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, 13-8-1977, p. 11.
  2. La Voz de Galicia, 12-3-1980, p. 35.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. p. 42. ISBN 84-8485-231-8. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]