Etiqueta (informática)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Unha etiqueta, tamén denominada co anglicismo tag, é unha palabra chave asignada a un dato, tal que unha imaxe dixital ou un ficheiro informático.

Características[editar | editar a fonte]

Este tipo de metadato describe o dato e permite recuperalo navegando ou buscando. Nos sitios web que permiten etiquetar os seus datos, a colección de etiquetas chámase folcsonomía.

A acción de etiquetar ficheiro asóciase a miúdo aos sitios web 2.0, pioneiros niso. Desta forma as bases de datos en sitios web poden estenderse dunha forma descentralizada. Así, é moi habitual o uso da etiquetaxe tanto nas redes sociais como nos blogs.

Trending topic[editar | editar a fonte]

Chámase trending topic a palabra, frase ou tema que é mencionado dentro da rede social e servizo de microblogging Twitter. Para un termo chegar a converterse en trending topic, ben por espazo dunha hora, dun día ou de calquera outro intervalo de tempo, existen diversas vías:

1) Mediante o esforzo organizado dunha serie de usuarios, que debe ser unha cantidade importante, dispostos a mandar mensaxes durante un período de tempo prefixado.

2) Se un evento de actualidade é etiquetado cunha palabra concreta que consegue facer un oco na comunidade.

Os trending topics permiten facerse unha idea do que está a pasar no Twitter e en boa medida tamén do que está a acontecer no mundo.

Hashtag[editar | editar a fonte]

As mensaxes curtas en servizos como Twitter ou identi.ca pódense etiquetar mediante a inclusión dun ou máis hashtags, é dicir, palabras ou frases prefixadas cun símbolo de hash (#) (en galego, cancelo) con múltiples palabras concatenadas, como:

#galega é a miña lingua porque nacín en #Galiza.

Entón unha persoa pode buscar o termo #galega e esta palabra etiquetada aparecerá nos resultados de procura. Estes hashtags tamén aparecen nun número de sitios web de temas de tendencias, incluíndo a páxina principal de Twitter. Os Hashtags en Twitter serven para xerar conversación en lugar de servir aos propósitos de organización, incitan ao usuario a participar nunha discusión con varias persoas en lugar de etiquetar para a súa posterior recuperación. Un fenómeno específico dos ecosistemas Twitter son micro-memes, que son temas emerxentes para o que se crea un hashtag, amplamente utilizado por algúns días, e logo desaparecen. Por exemplo, #ladiespleasestop, #oneletteroffmovies , #thingssaidb4sex e #doyoumind foron populares micro-memes en xuño de 2009.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]