Estrogenuinas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Estrogenuinas no festival Palencia Sonora 2017.
OrixeSalamanca, España España
Período2011 - actualidade
Xénero(s)Punk rock, riot grrrl
Selo(s) discográfico(s)Subterfuge Records
MembrosÁngela Álvarez (voz e guitarra), Carolina Álvarez (baixo e coros) e Paula De Rufino (batería)
Antigos membrosMaría Gómez, Rebeca Serrada e Elena Nieto
Na rede
Facebook: Estrogenuinas Bandcamp: estrogenuinas Editar o valor em Wikidata

Estrogenuinas é un grupo musical de riot grrrl creado en Salamanca en 2011. Os seus membros son Ángela Álvarez, Carolina Álvarez e Paula De Rufino.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O grupo foi creado en 2011 por Ángela Álvarez (voz e guitarra), Carolina Álvarez (baixo e coros), María Gómez (guitarra e coros) e Rebeca Serrada (batería). En 2013 editaron o seu primeiro disco, De Guijuelo a Wisconsin, gravado nos estudios Arcane Planet de Salamanca e autoeditado. En 2014 María e Rebeca deixaron o grupo, e substituíunas Elena Nieto, que xa tocara en SPPPACE[1]. En 2017 publicaron Sonido Chirll-Out, gravado por Javier Nieto nos estudios Dobro de Valladolid, e producido por Javier Vielba de Arizona Baby[2]. A batería foi gravada por Darío Dagomsa, posto que Elena estaba traballando en Alemaña.

As súas letras caracterízanse polo humor, a sátira e os xogos de palabras[3].

Discografía[editar | editar a fonte]

  • De Guijuelo a Wisconsin (2013. Autoedición)[4]
  • Sonido Chirll​-​Out (EP; 2017. Liquid / Subterfuge Records)[5]
  • Miss Antropa (sinxelo, 2018; autoedición)
  • Universo para lelos (EP, 2020; autoedición)
  • El Rentista Budista (sinxelo, 2021; autoedición. Con Def Con Dos)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Estrogenuinas en La Fonoteca (en castelán).
  2. "Estrenamos el nuevo vídeo-single de Estrogenuinas", Mondo Sonoro, 26 de abril de 2018 (en castelán).
  3. "Estrogenuinas publican Sonido Chirll-Out, Subterfuge, 23 de abril de 2017 (en castelán)
  4. De Guijuelo a Wisconsin, en La Fonoteca, 27 de abril de 2017 (en castelán).
  5. Sonido Chirll-Out, en La Fonoteca, 27 de abril de 2017 (en castelán).