Estrella Galicia Artesana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Estrella Galicia Artesana é unha cervexa especial lanzada ao mercado por Estrella Galicia en maio do 2011. Trátase dunha cervexa de autor asinada polo prestixioso cociñeiro galego Pepe Solla. Segundo a empresa galega, esta cervexa foi concibida e elaborada co obxectivo de maridar perfectamene cos peixes e mariscos, tan típicos da gastronomía galega. É a primeira dunha serie de cervexas que a empresa galega lanzará ao mercado nos vindeiros anos. A produción inicial desta cervexa especial foi de 150.000 litros embotellada en botellas de 33 centilitros cun peche abre-fácil que permite prescindir dun abridor e facilitar a súa apertura inmediata.

Presentación[editar | editar a fonte]

O 11 de maio do 2011, Estrella Galicia presentou a súa nova Estrella Galicia Artesana no marco do evento gastronómico Santiago (e) Tapas, onde esta cervexa foi a cervexa oficial e premiou unha das tapas que optaron ao concurso polo seu maridaxe co produto. Manel Pérez Piñón, responsable de Trade Marketing de Estrella Galicia, comentou na presentación do produto que "foi un luxo traballar man a man con Pepe Solla neste proxecto". Pola súa banda, Pepe Solla manifestou sentirse "como un neno pequeno na noite dos Reis Magos" e expresou a súa ilusión por "combinar a miña profesión no ámbito da gastronomía coa creación dun produto a medida, colaborando cos mestres cervexeiros de Estrella Galicia e involucrándome no proceso dende o principio”.

Características[editar | editar a fonte]

É unha cervexa de carácter máis suave e fresco, cunha gradación alcohólica de 4,2 graos. Ten un intenso aroma a cereal e lixeiros toques de mel. No seu sabor, lixeiramente amargo na boca, destaca inicialmente o carácter a malte acompañado de herba de limón equilibrado co amargor do lúpulo empregado na súa elaboración.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]