Estrella Abecassis de Laredo
Estrella Abecassis de Laredo | |
---|---|
Nome completo | Estrella Abecassis |
Nacemento | 7 de febreiro de 1940 |
Lugar de nacemento | Melilla |
Nacionalidade | Venezuela |
Alma máter | Universidade Simón Bolívar |
Ocupación | física |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Estrela Abecassís de Laredo, nada en Melilla o 7 de febreiro de 1940,[1] é unha investigadora e académica venezolana na área da física de materiais na Universidade Simón Bolívar (Caracas, Venezuela) onde foi distinguida co título de Profesora Emérita no ano 2009.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Foi galardoada co Premio Nacional de Ciencia, Mención Física, outorgado polo Consello Nacional para Investigacións Científicas e Tecnolóxicas. Salientan os seus traballos na Técnica de Correntes Termo Estimuladas de Polarización e Depolarización para a análise de materiais.
É fundadora da Sociedade Galileana da USB e do Laboratorio de Física do Estado Sólido e do Grupo FIMAC, tamén na USB. É membro da Asociación Venezolana para o Avance da Ciencia, da Sociedade Americana de Física (EUA) e da Sociedade Europea de Física. Foi autora ou editora de 33 libros ou monografías e foi coautora de máis de 100 publicacións arbitradas.