Estevo Lecapeno
Estevo Lecapeno | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | século IX |
Lugar de nacemento | Constantinopla |
Falecemento | 18 de abril de 963 |
Lugar de falecemento | Metímna |
Nacionalidade | Imperio Bizantino |
Ocupación | monarca |
Pai | Romano I |
Nai | Teodora |
Irmáns | Cristovo Lecapeno, Constantino Lecapeno, Teofilacto de Constantinopla e Helena Lecapena |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Estevo Lecapeno (en grego: Στέφανος Λακαπηνός Stéfanos Lakapenós), finado o 18 de abril de 963, foi o segundo fillo do emperador bizantino Romano I e coemperador de 924 a 945.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Xunto co seu irmán Constantino depuxo a Romano en decembro de 944 e enviouno ao exilio; unhas semanas máis tarde, eles mesmos foron derrocados e exiliados por Constantino VII, o emperador lexítimo. Estevo viviu exiliado na illa de Lesbos, onde morreu en Pascua de 963[1].
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- "Medieval Lands Project: Byzantium 395–1057". Foundation for Medieval Genealogy.